O modelo austríaco e o triunfo da flexiseguridade (galego)

Co chamado “modelo austríaco” percíbese menos cantidade que anteriormente -un 35% menos de prestación- e necesítase moito máis tempo para alcanzar a prestación máxima -dos 25 anos anteriores a 37 agora-. A disposición adicional décima da Lei 35/2010, de 17 de setembro, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo (a chamada “reforma laboral”) establece que o Goberno, no prazo máximo dun ano desde o 18 de xuño de 2010, aprobará un proxecto de lei polo que, sen incremento das cotizacións empresariais, se regule a constitución dun Fondo de Capitalización das indemnizacións por despedimento, que deberá estar operativo a partir do 1 de xaneiro de 2012. Este é o chamado “modelo austriaco”, xa promocionado pola comunicación da Comisión Europea sobre a flexiseguridade do 27 de xuño de 2007, resultado do Libro Verde da mesma Comisión: Modernizar o Dereito laboral para afrontar os retos do século XXI , de 2006. Así mesmo, o recente Acordo Social entre sindicatos maiorit...