O modelo austríaco e o triunfo da flexiseguridade (galego)
Co chamado “modelo austríaco” percíbese menos cantidade que anteriormente -un 35% menos de prestación- e necesítase moito máis tempo para alcanzar a prestación máxima -dos 25 anos anteriores a 37 agora-.
A disposición adicional décima da Lei 35/2010, de 17 de setembro, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo (a chamada “reforma laboral”) establece que o Goberno, no prazo máximo dun ano desde o 18 de xuño de 2010, aprobará un proxecto de lei polo que, sen incremento das cotizacións empresariais, se regule a constitución dun Fondo de Capitalización das indemnizacións por despedimento, que deberá estar operativo a partir do 1 de xaneiro de 2012.
Este é o chamado “modelo austriaco”, xa promocionado pola comunicación da Comisión Europea sobre a flexiseguridade do 27 de xuño de 2007, resultado do Libro Verde da mesma Comisión: Modernizar o Dereito laboral para afrontar os retos do século XXI, de 2006. Así mesmo, o recente Acordo Social entre sindicatos maioritarios e Goberno establece que se ten que constituír un grupo de seis expertos consensuados entrambas as partes para estudar a súa implantación.
O certo é que hai quen afirma que este modelo se puxo por primeira vez en marcha en Costa Rica, non en Austria, pero obviamente, a nivel mediático non é o mesmo chamarlle “modelo costarricense” que “modelo austriaco”.
Malos resultados
Concretamente, este réxime (Abfertigung Neu), aprobado en xuño de 2002 en Austria, e que entrou en vigor en xaneiro de 2003 no país centroeuropeo, consiste na creación dun fondo individual para cada traballador no que se depositan os dereitos de indemnización por despedimento, traslado, etc., que lle corresponden. Son os chamados Fondos de Previsión dos Traballadores (MVK), non xestionados polo empregador senón por empresas financeiras.
O empresario ten a obriga de pagar o 1,53 % do salario bruto mensual ao fondo, e os dereitos acumulados permanecen nel até a xubilación ou extinción do contrato, momento no que o traballador decide se os quere cobrar ou prefire gardalos para máis adiante. Por este motivo dise que este sistema facilita a mobilidade laboral sen prexuízo para o traballador, pois este pode manter intacto o seu dereito a unha indemnización maior aínda que cambie de empresa.
Outra opción é transferir o correspondente importe a un fondo de pensións; algo que, por certo, de momento fixeron poucos traballadores. Para poder cobrar do Fondo, para rematar, é necesario cotizar a el un mínimo de tres anos, o que pode ser un evidente prexuízo para os contratados temporais.
O resultado do modelo, difícil de avaliar dada a súa recente creación, é extremadamente ambivalente. O certo é que, segundo datos presentados por H. Hofer na revista “Relaciones Laborales”, con el percíbese menos cantidade que anteriormente -un 35% menos de prestación- e necesítase moito máis tempo para alcanzar a prestación máxima -dos 25 anos anteriores a 37 agora-, pero iso non obsta, precisamente, para que se nos presente teimudamente como o máximo do progresismo e da chamada “flexiseguridade garantista”.
É de salientar que, en todo caso, un 1,53% do soldo mensual totaliza ao finalizar a relación laboral moita menor cantidade que as actuais indemnizacións de 45 ou 33 días de salario por ano traballado (concretamente, equivale a uns sete días de salario ao ano), o que explica a dita rebaixa da prestación, xa que se calcula que para obter unha prestación inferior á actual, pero polo menos semellante, o Fondo debería obter unha rendibilidade das cantidades cotizadas dunha media do 6% ao ano na Bolsa, onde ademais se está investindo principalmente en renda variábel, co consecuente aumento do risco para os cotizantes.
José Luis Carretero Miramar.
[Artigo tirado do sitio web ‘Diagonal’, do 18 de abril de 2011]
Traducción: Galiza CIG.

Comentarios